Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A FORMACIÓN DO NACIONALISMO GALEGO CONTEMPORÁNEO (1963-1984)

€14,95
ISBN 9788484870219
O presente libro ten como obxectivo prioritario dar a coñecer a evolución do nacionalismo galego contemporáneo, destacando aqueles feitos e procesos considerados fundamentais para entender as dinámicas que se foron abrindo no seo do mesmo, así como o lugar e a posición dos actores que o conforman.

Desde a Unión do Povo Galego e o Partido Socialista Galego até o Bloque Nacionalista Galego, pasando polo Partido Obreiro Galego, Galiza Ceive ou o “refundado” Partido Galeguista. O autor detense tamén naquelas experiencias con pretensións unitarias, que marcaron, dun xeito ou doutro, a evolución do nacionalismo galego nos anos da Transición en Galiza, entre as que destacan o Consello e a Mesa de Forzas Políticas Galegas como dous dos principais exemplos. O BNG ocupa un lugar fundamental, tentando responder a cándo, cómo e por qué xorde. A análise do proceso que leva á constitución da nova “Frente Nacionalista” amósase esencial para comprender a concreción organizativa orixinaria e a súa evolución.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego