Fóra de si

17,00

Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente.

Hay existencias

Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada.Suso de Toro ofrece en «Fóra de si» unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como «Calzados Lola», «A sombra cazadora», «Home sen nome» ou «Sete palabras». A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.

Autor

Suso de Toro

Idioma

Galego

Año edición

2018

Nº de páginas

224

ISBN

978-84-9121-314-7

Editorial

Xerais

Prazo de entrega