fora do mapa DEF

FÓRA DE MAPA

10,00

Venecia finais do século XV. Unha noite, un banqueiro e asasinado na cidade.

Hay existencias

Os rumores sitúan un taller de mapas no centro das sospeitas. En pouco tempo mudarán as vidas de persoas de moi diferentes orixes e estratos mentres xiran arredor dun crime cada vez máis escuro. Unha intriga coral que amosa unha Europa en plena transformación, cando entre mapas, publicacións, obxectos preciosos, comercio internacional e escravismo ensáianse algunhas das bases do capitalismo global que chegará ata os nosos días.

Así queda resumida a historia gañadora do Premio Castelao 2016 de banda deseñada. Tres autores de prestixio, Miguelanxo Prado, Juan Díaz Canales e Jorge González Varela, integraron o xurado presidido pola responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, e que decidiu, por unanimidade, o verán pasado, que o premio nesta edición fose para a obra “Fóra de mapa”, de Emilio Fonseca Martín. Unha obra sobre a que destacaron o seu rico guión, “ben documentado e estruturado” e o seu debuxo “eficaz con moi bos recursos expresivos e bo tratamento da imaxe que provoca unha lectura fluída e engaiolante”. A obra foi presentada esta mesma semana na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago.

Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978), é licenciado e investigador en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Ten traballado no ámbito do vídeo, a animación e a ilustración. Entre outros, dirixiu o documental “Queimar o monte”, sobre os incendios forestais en Galicia e realizou o cómic “Verde Invisible”, sobre o Gran Chaco latinoamericano.

Con demasiada frecuencia, adoitamos utilizar o adxectivo “apaixonante” como inseparábel com-pañeiro da palabra “aventura”. Mais o feito é que poñelas xuntas non garante en absoluto que a devandita maridaxe se faga extensiva ó contido que describen. Ás veces por cuestións obxectivas, como o exceso de tópicos, a repetición de esquemas ou a ausencia de contidos. Outras veces por razóns puramente subxectivas: cada individuo atopa as súas paixóns en motivos e lugares diferentes.

No meu caso, considero unha aventura apaixonante aquela que poña en xogo estes elemen-tos: personaxes fortes e interesantes, un momento histórico suxestivo e, a poder ser, unha reflexión de fondo sobre a sociedade, a política e a alma humana. Desfrutar e pensar ó tempo. Quizais parece que pido demasiado e non obstante todo isto é o que atopei en “Fóra de mapa” de Emilio Fonseca. Unha apaixonante aventura.

Para situármonos, a acción desenvólvese a finais do século XV durante o Renacemento e coa cidade de Venecia como pano de fondo. O fondo pode que nos soe familiar, pois trátase dun período de cambio acelerado durante o cal o mundo comezou un proceso inexorábel de globaliza-ción no sentido máis literal da palabra, grazas ó pulo de ousados navegantes, ó traballo dos eruditos e ás manobras de desapiadados comerciantes andando ó paso marcado por gobernantes de ambición desmedida.

A modo de brillante traxicomedia (a maneira máis fiel coa que se pode facer ficción sobre a realidade), Emilio Fonseca preséntanos o eterno conflito entre os que senten que a humanidade ten que perseguir un obxectivo común por enriba das fronteiras e os que teñen como único obxectivo o beneficio propio ou o do seu clan. Unha confrontación que se converteu nun asunto planetario a partir daquela portentosa época, na que nun corto período de tempo se inventou a imprenta, descubriuse América e fixéronse as primeiras circunnavegacións do globo. Atreveríame a dicir que o antedito o conflito dura ata os nosos días. Na actualidade os cartógrafos substituíronse por complexas tecnoloxías de xeolocalización, pero no fondo a loita por controlar a información e por tanto o poder, vén sendo igual de descarnada. Cinco séculos máis tarde, a fenda entre as diferentes maneiras de entender o progreso e a humanidade segue aberta. Por moitos GPS que teñamos, as necesidades e as paixóns humanas son poucas e recoñecíbeis dende a noite dos tempos.

E se non me cren, só teñen que xirar a páxina e adentrarse nas escuras rúas de Venecia…

Autor

Emilio Fonseca

Ilustrador

Emilio Fonseca

Idioma

Galego

Nº de páginas

128

ISBN

9788498122985

Año edición

2017

Editorial

Deputación da Coruña

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

Premios

Premio Castelao de Banda Deseñada 2016