fontan Def

Fontán

17,00

Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866).

 

Hay existencias

Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista.

IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015

Calveiro, Marcos
Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos S. Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Peso 0.2 kg
Autor

Marcos Calveiro

Idioma

Galego

Nº de páginas

248

ISBN

9788498656466

Año edición

2017

Editorial

Galaxia

Premios

IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)