Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FILIBUTH OU O RELOXO DE OURO

por Max Jacob
€16,00
ISBN 9788494880551
Publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual.  O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante...

Coa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur, quen o conserva con tanta reverencia como desleixo. Vítima de constantes cambios de mans, o obxecto emprende unha viaxe internacional por lugares como a Costa Azul ou Venecia, onde se converte en amuleto nunha sesión de hipnotismo e asiste ás loiadas do vello conquistador Cecco Baldo. Ao cabo, tras chegar ao Xapón, retorna á señora Lafleur e coñece un ridículo final. O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante, que prodigan os seus excesos verbais. O relato deriva así nunha enorme caricatura adobiada con reflexións morais e extensas cartas. Os paralelismos entre Max Jacob e o personaxe de Odon-Cygne-Dur –ambos veciños da rúa Gabrielle, un dos principais escenarios da historia, e convertidos á fe relixiosa, desenganados da vida parisiense–, fan que parte da crítica a defina como unha novela autobiográfica desenfadada e vangardista que combina a linguaxe elíptica e metafórica co rexistro popular.

____

Editorial: Hugin e Munin