febre

Febre

12,15

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes.

Hay existencias

Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra… Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna.A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.

Peso 0.200 kg
Autor

Héctor Carré

Idioma

Galego

Nº de páginas

288

ISBN

9788491211839

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Edad recomendada

A partir de 14 años

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

Premios

Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2011