Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FÁLAME DO SILENCIO

€17,50
ISBN 9788491213918
Novela de intriga e de memoria, "Fálame do silencio" é unha reconstrución literaria brillante e intensa daquela Coruña popular de hai medio século, marcada aínda pola escaseza, as necesidades, a guerra e as vidas truncadas.

Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias. A volta do mozo que descobre o que pesa o esquecemento na alma. No Durban, unha taberna de mariñeiros rexentada por un vasco con pendentes na orella e ollada salitrosa, ninguén resultará ileso. «Atochas. 1936.» Dúas palabras que levarán os protagonistas a facerse a mesma pregunta: Quen somos en realidade? Unha viaxe interior, unha historia na procura de respostas de quen aprende a ler nas olladas, neses ollos azuis que lle devolven unha e outra vez a mesma pregunta: Quen é en realidade Daniel Gluckmann?

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego