FÁBULA DAS AVES

15,00

“Lingua morta, lingua estranxeira a dos filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Agabem que encabeza a Fábula das aves. Viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico Manuel Forcadela, sempre entregado á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida.

 

Hay existencias

Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do pensamento e das emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigurosa distribución de pés métricos, o diálogo entre acentos coloquiais e reflexión trascendente, alén doutras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.

A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar” constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve ás veces en formato de sátira. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía de mocidade, a dos autores de “poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda”. Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico “non substitúe o real senón que o incrementa”, tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe.”

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

Peso 0.100 kg
Autor

Manuel Forcadela

Idioma

Galego

Nº de páginas

130

ISBN

978-84-8487-462-1

Año edición

2019

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega