Estrelecer

10,70

Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres. Para ler sen deixar de respirar.

Hay existencias

Un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella que nela non habita ninguén. Pero hai unha estraña muller que parece que trae a morte con ela.

Carlos Labraña, un dos nosos escritores de teatro máis importantes, entréganos unha historia negra onde nada é o que parece: en realidade, todo é moito peor do que parece. Unha historia de medo, en que cada sombra agocha unha pregunta.

Labraña, Carlos
Naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou na escrita de varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. Máis adiante, continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como: O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos, para levar á escena ás súas obras.

Peso 0.100 kg
Autor

Carlos Labraña

Idioma

Galego

Nº de páginas

111

ISBN

978-84-9151-329-2

Año edición

2019

Edad recomendada

A paartir de 12 anos

Editorial

Galaxia