O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade (Ensaios e artigos dispersos. 1959-1990)

O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade (Ensaios e artigos dispersos. 1959-1990)

25,70

Velaquí un novo volume da Biblioteca Ramón Piñeiro, na que Editorial Galaxia reúne as obras do pensador homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009. Desta volta trátase dun libro no que se recompilan, en edición do profesor Henrique Monteagudo, textos de Ramón Piñeiro seleccionados con dous criterios: o tema e o tempo. Ensaios breves, prólogos, conferencias e discursos, e artigos que permanecían dispersos e que, por primeira vez, se publican conxuntamente.

Hay existencias

Nos textos de Ramón Piñeiro incluídos neste libro “gurgullan as ideas e interpretacións, adoito
orixinais e faiscantes dunha mente dotada dunha intelixencia fulgurante, dunha extraordinaria
capacidade para a reflexión, dunha amplitude de coñecementos sobre os temas que toca e agudeza de visión verdadeiramente sen par”, segundo escribe Henrique Monteagudo no limiar.

O tema que dá unidade ao libro é a cultura galega nas súas diversas facetas, e máis especificamente,
a cultura galega coetánea a Piñeiro. Aproximadamente desde 1950 a 1985. A reflexión
sobre a cultura galega constituíu unha das súas principais tarefas intelectuais de Ramón Piñeiro, inseparable da súa propia acción no mesmo ámbito, as dúas de grande importancia no discorrer da historia de Galicia na segunda metade do século XX.

Peso 0.400 kg
Autor

Ramón Piñeiro

Idioma

Galego

Nº de páginas

390

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-9865-190-4

Año edición

2009

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

De 3 a 5 días