Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ESPAÑOIS TODOS. AS CARTAS SOBRE A MESA

€18,00
ISBN WP3066

Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade.



Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade. E faino desde un punto de vista persoal e como un acto cívico, con argumentacións cargadas de enerxía para volver a defender a democracia contra os que a queren desfacer desde dentro. Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo “castellanista” que chegou a nós directamente dende o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia.


____