Escolma da Cultura Inmaterial de Cangas

10,00

Un percorrido que comeza polo santuario de Berobreo, no monte do Facho en Donón, e que remata cunha sección chamada «Contan que», na que Dasairas explica a orixe dalgúns dos elementos que forman parte da paisaxe cotiá de Cangas ou dalgunhas desas frases ou expresións que forman parte da linguaxe dos cangueses. É o caso de «faser ghasolina», «os carallotes», «traballar para Aldán» ou espazos como o Keniata ou o monolito de Rodeira, entre outros.

Solo quedan 1 disponibles

Ao longo do libro hai apartados adicados as lendas sobre mouras, mouros e ananos; trasnos; animais míticos, como a raposa de Cangas; demos e seres malignos; a Compaña; ou sobre bruxas e bruxerías e meigas e meigallos.

Xerardo Dasairas inclúe tamén neste libro dous relatos de José María Castroviejo aínda sen publicar, «O capitán Lebermor e os homes peixe» e «A cova dos pesos», e unha sección adicada a desfacer algúns equívocos que soen aceptarse como verdades. Así, desminte a presenza en Cangas do rei Carlos II, coñecido popularmente como «O enfeitizado», para buscar nas «famosas bruxas» da vila remedio ao seus problemas de saúde; ou que a condesa Dona Luz, nai do famoso conquistador don Pelaio, vivise en Cangas.

Peso 0.100 kg
Autor

Xerardo Dasairas Valsa

Idioma

Galego

Nº de páginas

128

Año edición

2020

Editorial

Autor-Editor

Prazo de entrega

EXISTENCIAS

SI