Erótica Medieval Galaica

13,00

Como amamos? Ten unha historia a sexualidade? Cales son os códigos do Eros? Cales son as súas artes? Cales son as súas figuracións e configuracións na nosa sociedade medieval?

Hay existencias

Como amamos? Ten unha historia a sexualidade? Cales son os códigos do Eros? Cales son as súas artes? Cales son as súas figuracións e configuracións na nosa sociedade medieval? En resposta a estes interrogantes nace este libro, como un cuestionamento necesario da historia sentimental do noso pobo. Trátase dun estudo integral que aborda, desde os estudos feministas, de historia da sexualidade, do dereito, das mentalidades e do corpo, a nosa intrahistoria medieval, desvelando, a través de textos lexislativos e literarios, os códigos eróticos dos nosos sentires e saberes como unha formulación particular do código erótico Occidental. Baixo os auspicios de Eros nace esta obra á procura da ledicia vital que loita pola vitoria do amor nas nosas cantigas medievais, e contra os males do mundo que atenazan o libre fluír das atraccións.