Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

«ERA UNHA VEZ...» A LITERATURA FOLCLÓRICA INFANTIL

€18,00
ISBN WP2815
O folclore infantil está composto por un sistema organizado de actividades lúdicas e tradicionais realizadas polos nenos, ou en función dos mesmos, desde o seu nacemento ata a súa integración, de maiores, no mundo dos adultos.

Ofolclore infantil está composto por un sistema organizado de actividades lúdicas e tradicionais realizadas polos nenos, ou en función dos mesmos, desde o seu nacemento ata a súa integración, de maiores, no mundo dos adultos. Cada unhas das actividades que compoñen o folclore infantil non son independentes entre si; son coma pezas dun puzzle que encaixan unhas nas outras configurando unha paisaxe educativa na que se pode distinguir claramente a súa función madurativa e integradora, organizada por medio da palabra oral e sistematizada, tal como se amosa neste libro, en: A palabra sentimento. A palabra-xoguete. A palabra-acción. A palabra-pensamento. A palabra-experiencia. De aí se deduce a importancia do folclore infantil, sobre todo da parte literaria, como elemento cultural e como medio educativo e integrador. Xulio Cobas Brenlla naceu o 15 de marzo do 1946 no lugar de Ordoeste - A Baña (A Coruña), no medio do val de Barcala, onde, desde os anos da súa infancia viviu tódalas experiencias do folclore infantil recreados neste libro. Máis tarde, mestre de profesión, utilizou estas actividades folclóricas como medio educativo, buscando o arraigo dos alumnos no mundo natural e cultural galego. Froito deste labor son os libros Adiviñas para xogar (1992), Trabalinguas para xogar (1991) e Acción madurativa e integradora do folclore infantil (1995). No campo da literatura infantil, publicou A voltas coa literatura para nenos (1982) e Historia da literatura infantil e xuvenil galega (1991).

____