Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar-4309

Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar

14,50

É unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas.

Hay existencias

Categorías: , , Etiquetas: ,

A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) en programas pedagóxicos e culturais onde fixo numerosas lecturas poéticas.

Interesado en temas literarios, lingüísticos e antropolóxicos, publicou diferentes estudos, propostas didácticas, adaptacións literarias e traducións de carácter pedagóxico como Ensino e Análise Transaccional de Marie J. Chalvin (Laiovento, 1998). É salientable a súa traxectoria como lingüista e lexicógrafo, ámbito no que publicou diversas obras entre as que destacan as realizadas no campo da lingua mariñeira, como Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000) ou o Dicionario Fraseolóxico do mar. No ámbito da poesía publicou numerosas colaboracións en revistas e participou en escolmas poéticas.

Peso 0.1 kg