Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O ENTERRO DA GALIÑA DE DOMITILA ROIS

€12,00
ISBN 9788471548092
Unha ollada persoal sobre un mundo complexo. Múltiples visións da experiencia vital a través duns contos dominados pola sensibilidade cara o humano.

Este é un conxunto de relatos de temática moi variada nos que están presentes os trazos que caracterizan a escrita de Helena Villar. A ollada que a autora guinda sobre unha realidade sempre complexa abre as portas dun mundo enxergado a través do lirismo e atravesado por un fondo sentimento de solidariedade humana. O humor, a tenrura e o medo cobran vida e intensidade na prosa desta escritora.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego