ENFERMOS POBRES

ENFERMOS POBRES, MÉDICOS TRISTES

16,00

O meu pai morreu no ano 1945. Púxose malo e por non chamar ao médico foron buscar á señora Ramona, que lle deu uns remedios, pero non lle valeron de nada e así foi empeorando.

Hay existencias

Categorías: , Etiquetas: ,

Nas últimas houbo que avisar o doutor Rivera, que veu visitalo e dixo que padecía unha pulmonía dobre, que só se podía curar con penicilina e que había que traela de Portugal e que custaba mil pesetas. O meu pai dixo que non, e que non, que non tiña ese diñeiro nin quería pedilo prestado; e dixo que por moito menos pagaría uns responsos a San Benito… Eu era moi nena, pero lembro ben a don Xosé Rivera cando saíu da miña casa, porque antes de subir ao seu cabalo sacou da alforxa unha boneca de trapo e regalouma. Lembro o feliz que me sentín con aquela boneca na man… Pero non esquezo a cara que levaba don Xosé… Non a esquezo porque el era un home ben alegre e trouleiro… Pero levaba unha cara triste…meu pai morreu no ano 1945. Púxose malo e por non chamar ao médico foron buscar á señora Ramona, que lle deu uns remedios, pero non lle valeron de nada e así foi empeorando. Nas últimas houbo que avisar o doutor Rivera, que veu visitalo e dixo que padecía unha pulmonía dobre, que só se podía curar con penicilina e que había que traela de Portugal e que custaba mil pesetas. O meu pai dixo que non, e que non, que non tiña ese diñeiro nin quería pedilo prestado; e dixo que por moito menos pagaría uns responsos a San Benito… Eu era moi nena, pero lembro ben a don Xosé Rivera cando saíu da miña casa, porque antes de subir ao seu cabalo sacou da alforxa unha boneca de trapo e regalouma. Lembro o feliz que me sentín con aquela boneca na man… Pero non esquezo a cara que levaba don Xosé… Non a esquezo porque el era un home ben alegre e trouleiro… Pero levaba unha cara triste…

Con este dramático testemuño dá comezo unha obra que pretende facer unha inmersión na memoria dos protagonistas dunha época, co obxectivo de descender máis aló dos libros, os arquivos e os documentos oficiais, tomar prestada a voz de médicos e pacientes e alcanzar a interioridade da liturxia clínica e terapéutica, para traela á superficie e poñela a disposición do lector: sometela ao seu xuízo.
A medicina oficial que se exerceu no medio rural foi un recurso de baixa efectividade. Deixando á marxe as limitacións imponderábeis propias da época, existe unha serie de características no perfil de médicos e pacientes que supoñen a consolidación do fracaso da atención sanitaria.
Díxose que a medicina rural foi unha medicina heroica, máxica, caritativa, entrañábel, próxima… Este traballo, en liña co relato que abre o texto, sostén que a medicina rural en Galiza, ao longo do século XX, pode entenderse como unha medicina triste. E esta tristeza que lle atribuímos é un concepto deliberadamente equívoco, porque non reflicte o estado de ánimo de quen a practicaba (máis acorde coa expresión facial do médico da fotografía da portada), nin o carácter ou temperamento de quen a recibía (a pobreza pouco tiña que ver coa melancolía). O autor fai unha invitación ao lector a analizar os feitos acaecidos e lánzalle un desafío á discrepancia.

Peso 0.200 kg
Autor

ROBERTO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ

Idioma

Galego

Nº de páginas

204

ISBN

9788494272660

Año edición

2017

Editorial

Urco

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

Premios

GAÑADORA DO XXI PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS