Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ELIAS PORTOLU

€14,50
ISBN WP2293
Ademais de Elias Portolu ser unha obra escrita con minuciosidade, romanticismo e un certo aire rexionalista verdadeiramente cativador, Grazia Deledda imprímelles aos seus personaxes protagonistas, Elias e Maddalena, unha complexidade psicolóxica máis que notoria

Ademais de Elias Portolu ser unha obra escrita con minuciosidade, romanticismo e un certo aire rexionalista verdadeiramente cativador, Grazia Deledda imprímelles aos seus personaxes protagonistas, Elias e Maddalena, unha complexidade psicolóxica máis que notoria; os conceptos de culpa, modestia e represión física e psíquica, tan propios da relixión católica, a da autora, entrelázanse seguido para, ao cabo, tecer un drama colectivo.A novela propón bastante máis ca unha simple visión mística da vida, onde a relixión sería a balsa de salvación fronte ao exceso pasional. Así, por exemplo, encerra unha lectura sexual oculta que seguro non mencionan aquelas ordes conventuais que a listan como de lectura obrigatoria. Outro punto de interese, por se aínda non fose abondo para espertar a curiosidade do lector, está na visión da Sardeña da época, tan estantía na súa estrutura social.

____