Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ELA, MALDITA ALMA

€15,00
ISBN WP1813
A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria que, porén, non elude nunca a realidade do mal.

Nova edición con dous contos inéditos, "O espertar da criada" e "O misterio de Uz" Neste libro de relatos reencontrámonos co escritor que emocionou a tantos lectores con títulos como O lapis do carpinteiro e Que me queres, amor?, este último galardoado co Premio Torrente Ballester e co Premio Nacional de Literatura de 1996. A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria que, porén, non elude nunca a realidade do mal. Ese mal que xamais triunfa por completo porque sempre haberá un paxaro que cante, unha bolboreta que voe ou un neno que diga a palabra inocente e redentora... En Ela, maldita alma está o mellor Manuel Rivas.

____