Educación e socialización da muller na Galicia rural

17,50

Este libro ten por obxecto estudia-la influencia do medio rural galego nas traxectorias sociobiográficas de tres xeracións de mulleres, dilucidando as interaccións que se producen respecto dos seus itinerarios académicos, laborais e familiares.

Solo quedan 1 disponibles

O estudio articúlase en torno ós procesos de inserción sociolaboral da muller nos espacios rurais e as dinámicas e roles familiares seguidos dentro dos núcleos domésticos; para o que partimos da aproximación ó concepto de ruralidade e dos diferentes enfoques que abordan a complexidade do ‘rural’, facendo especial fincapé naqueles factores que o configuran como unha realidade social diferenciada e con identidade propia; delimi- tando temporalmente esta análise para dar conta da evolución experimentada pola política educativa do noso país, y en concreto da educación das mulleres na Galicia rural e das súas contribucións ós procesos de socialización.
O estudio, de corte esencialmente cualitativo-etnográfico, funda- méntase na observación, a entrevista en profundidade e as historias de vida, como instrumentos básicos para obter información, reconstruíndo e interpretando a realidade da sociedade rural, e en especial, das mulleres que habitan os espacios rurais a partir das súas propias testemuñas. As historias de vida constitúen, polo tanto, o eixe central deste estudio, baseado na temporalidade e visión lonxitudinal das traxectorias académicas, laborais e familiares desde unha perspectiva xeneracional. A lectura paralela -por familias- e cruzada -por xeracións- evidencia os cambios na sociedade rural galega nas últimas décadas, desde a visión das súas protagonistas; permitíndonos identifica-lo medio rural galego como un espacio determinante para a construcción e deseño das súas traxectorias de socialización académica, laboral e familiar.

Peso 0.5 kg