Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO

€19,90
ISBN 9788484873471
O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos 25 anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente).

Edicións Laiovento comprácese en pór a disposición da cidadanía galega e do público en xeral unha monografía centrada en Eduardo Pondal e a súa obra, nun ano en que se celebra o centenario da morte do autor do Himno Galego. O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos 25 anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente). Estas páxinas de investigación, estudo e refl exión son acompañadas por apéndices que recollen unha selección de cartas escritas ou recibidas polo Bardo bergantiñán e mais a entrevista-reportaxe xornalística de 1912 realizada ao poeta por La Voz de Galicia. «Temo non existir na memoria dos homes para quen os meus tempos serán os tempos antigos», dixo o poeta nunha determinada altura da súa vida. Que o centenario da morte de Eduardo Pondal sirva para re-ler, re-pensar e re-interpretar a súa mensaxe, facéndoa presente na Galiza de hoxe e do futuro. Manuel Ferreiro, chairego de nacenza (Saavedra, Lugo, 1955), é actualmente Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña. A súa actividade investigadora vai da Lingüística Histórica Galega á Ecdótica e Crítica Textual, para alén de especialista en Eduardo Pondal e autor da edición crítica da súa obra poética galega, que viu a luz en catro volumes na Editorial Sotelo Blanco: Queixumes dos pinos (1995), Poemas Impresos(2001), Poemas Manuscritos (2002), Os Eoas (2005). No catálogo de EDICIÓNS LAIOVENTO ten diversas obras, entre as que se deben citar Pondal: do dandysmo á loucura (Biografía e correspondencia) (1991), As cantigas de Rodrigu’ Eanes de Vasconcelos (1992), Gramática Histórica Galega (vol. I. Fonética e Morfosintaxe, 1999, 4a ed.; vol. II. Lexicoloxía, 2001, 2a ed.) e De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (2007, 4a ed.).

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego