ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE

17,50

ensina «o que é debido ensinar» nunha clase de Economía, mais non dun xeito habitual, «como é debido». De primeiras non ten fórmulas nin gráficos, o autor tan só emprega a linguaxe e, por riba, unha linguaxe sinxela e comprensible, o que non significa que sexa simple.

 

Hay existencias

Dicía Joan Robinson (1903-1993), unha grande economista inglesa, que «a mellor razón para aprender economía é para que os economistas non te enganen». En efecto, a economía é unha ciencia interesante e complexa, aínda que se cadra os economistas teiman en facela aínda máis complexa e, polo camiño, o que conseguen é facela menos interesante e máis escura.

Boa parte da materia de Economía no bacharelato baséase na simple adaptación deste modelo –clásico- ao nivel dos alumnos. Desta pauta o premio Nobel (2001) Joseph Stiglitz afirma que «as teorías obsoletas que se continúan a ensinar en todas as universidades do mundo son un dos motivos polos que se continúan aplicando as políticas económicas arcaicas que non nos han sacar da crise».

Neste sentido,a ECONOMÍA PARA UN FUTURO SUSTENTABLE, de Vicent Cucarella, ensina «o que é debido ensinar» nunha clase de Economía, mais non dun xeito habitual, «como é debido». De primeiras non ten fórmulas nin gráficos, o autor tan só emprega a linguaxe e, por riba, unha linguaxe sinxela e comprensible, o que non significa que sexa simple. En efecto, a fórmula utilizada é a dun diálogo ameno entre unha economista, un físico e un estudante de bacharelato, entre uns mestres e un discípulo. Poderíamos dicir que segue o modelo do diálogo socrático.

 

Peso 0.100 kg
Autor

Vicent Cucarella Tormo

Idioma

Galego

Nº de páginas

200

ISBN

978-84-8487-446-1, 978-84-8487-452-2

Año edición

2019

Editorial

Laiovento

Prazo de entrega