E a lua que-baila

É a Lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca

19,50

Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.

Hay existencias

Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por “«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego”, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á “Cantiga do neno da tenda” e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.

Peso 0.200 kg
Autor

María Victoria Moreno

Idioma

Galego

Nº de páginas

104

ISBN

978-84-9151-159-5

Año edición

2018

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)