DÚAS MOEDAS

18,90

Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vaia aclimatando aos ritmos e costumes do lugar irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.

 

Dúas moedas, obra gañadora do primeiro Premi València de Novela Gráfica, é a colorista mirada da ilustradora Núria Tamarit a unha parte da realidade africana, tan vasta e complexa como fascinante nas súas particularidades.

E o ser humano queda aí, no medio, loitando coa súa propia natureza ambivalente. Cando menos, así o contamos nós mesmos, os humanos. Pero, no fondo, descoñecemos a versión das outras partes… E se o papel da humanidade nesta historia non fora o que ela mesma contou? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende? Que sucedería se se chegase a descubrir que ese reparto de roles, cuns seres malignos tentando e corrompendo a uns seres humanos inocentes, non é outra cousa que a versión interesada da historia contada polos propios «culpables»?

Solo quedan 2 disponibles

ISBN

9788494163289