Dúas bágoas por Máquina

9,00

Premio Merlín de Literatura Infantil, 1991

 

Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.

Hay existencias

O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión.Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el.Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba había dous días por alí, aparece Máquina correndo cara a ela.Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.

Peso 0.200 kg
Autor

Fina Casalderrey

Ilustrador

Victor Rivas

Idioma

Galego

Nº de páginas

120

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-8302-565-9

Año edición

2000

Editorial

Xerais

Edad recomendada

A partir de 11 anos

Prazo de entrega