Dragal V. O segredo do dragón

12,30

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Hay existencias

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?Intensa, sorprendente, máxica, adictiva… Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.«Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón.»

Peso 0.500 kg
Autor

Elena Gallego Abad

Idioma

Galego

Nº de páginas

400

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9121-540-0

Año edición

2019

Editorial

Xerais

Prazo de entrega