Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DOMINGOS DE CALCETÍNS BRANCOS

€20,00
ISBN 9788498653366
O ensaio está centrado no cambio social na xeneración de 1950, partindo o autor dunha foto dun grupo de amigos da parroquia de Meira, aínda que tamén doutras persoas moi coñecidas, tanto en Moaña. A xeración de 1950 foi a que viviu o paso do franquismo á democracia. Atravesou biograficamente procesos como as migracións exteriores e interiores, a urbanización intensiva e a incorporación laboral da muller. É a xeración que protagonizou o cambio social na Galicia contemporánea. Premio Ramón Piñeiro 2009.

A través das voces de trinta e un membros da xeración de 1950 -enmarcadas en datos sociolóxicos para comprender a magnitude e o contexto das transformacións- este ensaio analiza o cambio social que supuxo a mudanza dunha cultura autoritaria, centralista, relixiosa e paternalista a outra democrática e autonómica. A vivencia do paso da produción ao consumo, da pobreza á clase media, do sentido do deber á cultura do inmediato, do galego ao castelán e do crucifixo ao agnosticismo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego