Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DO IDILIO Á DIÁSPORA. MODERNIDADE E COMPROMISO NA PINTURA GALEGA DE CASTELAO A SEOANE

€15,00
ISBN 184
Esta obra é un percorrido polo camiño seguido pola pintura galega desde os primeiros anos do século XX até os anos cincuenta, desde o costumismo rexionalista, de influxo modernista e simbolista, até o desenvolvemento pleno do movemento renovador da arte galega coñecido como Os Novos.

Este vieiro amósasenos definido por tres esteos fundamentais: a procura dun ideal, en que se insire a propia definición e creación dunha escola de pintura galega, diferenciada da española; a asunción dunha estética nacional e o seu desenvolvemento no período inmediatamente anterior á guerra civil; e a difícil continuidade no exilio americano e interior coa superación do modelo de base romántica que serviu de alicerce para a creación dunha arte nacional, sen renunciar aos valores sociais e identitarios.  

____

Editorial: NigraTrea