Dicionario irreal para un país imposible

25,40

Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia. Concibido con moita orixinalidade, editado con sumo coidado e fermosamente ilustrado por Ramón Trigo, o libro combina a óptica analítica, o alento poético, a imaxinación e o humor co sentido crítico, a reflexión matizada e a información exhaustiva. Por este dicionario literario, que constitúe un orixinal ensaio, desfila a historia de Galicia, a súa cultura, os feitos, as persoas, os tópicos, os mitos e carencias… Escrito desde detrás da silveira, o seu formato permite lelo en calquera orde, en calquera sentido e de calquera xeito, focalizando a atención sobre os máis diversos aspectos do país galego, ese que procura o seu lugar na historia, na cultura e no reino do imaxinario e do proxectivo.

Hay existencias

Peso 0.100 kg
Autor

Xavier Seoane

Ilustrador

Ramón Trigo

Idioma

Galego

Nº de páginas

384

ISBN

978-84-9121-760-2

Edad recomendada

A partir de 10 anos

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Prazo de entrega