Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DICIONARIO DA COMIDA GALEGA

€49,90
ISBN 9788494900709
Este dicionario enciclopédico é un percorrido apaixonante pola vida que se esconde detrás de cada alimento, de cada prato, de cada receita.

Do abadexo á zorza. Un magnífico traballo de documentación, catalogación e sistematización a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras, un dos autores máis prestixiosos da literatura galega actual. Coeditamos este libro xunto ao selo Engaiolarte, especializado en libros para regalo e obras de referencia. A comida é parte fundamental de calquera cfultura. Define como vivimos e como entendemos o mundo. A gastronomía é piar do noso saber colectivo e grazas a este libro, por primeira vez na historia, podemos aprehendelo dunha maneira ordenada, erudita e brillante. Este dicionario enciclopédico é un percorrido apaixonante pola vida que se esconde detrás de cada alimento, de cada prato, de cada receita. Xavier Rodríguez Baixeras explica o vínculo de cada alimento coa nosa cultura a través da pegada que foi deixando na historia e na literatura. Miles de voces, máis de cen referencias bibliográficas, ducias de receitas. Un libro que ole e sabe. Un libro que abre a fiestra aos sentidos e nos permite coñecer mellor de que estamos mantidos.

____

Editorial: Aira
Idioma: Gallego