Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DICCIONARIO DA LITERATURA GALEGA. T. III – OBRAS

€32,50
ISBN 9788482883656
Comentarios críticos de duascentas corenta e nove obras da historia literaria galega en máis de 500 páxinas.

Neste volume III do Diccionario da literatura galega fíxose unha selección de obras que proporciona unha visión global e detallada, completa e complexa, dos vieiros polos que se foi desenvolvendo o noso discurso literario, ilustrando o amplo abano de opcións do que arestora dispón calquera lector. Neste marco, non só se presta atención ós textos que configuran o noso canon literario nun sentido restrinxido, senón que tamén se inclúen xéneros tradicionalmente marxinados, como o teatro ou a literatura infantil e xuvenil, cos que se fixo un especial esforzo para revisar e resituar a súa posición no sistema. En resumidas contas, velaquí temos un manual imprescindible para estudosos e curiosos.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego