Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DIARIO DE ANA FRANK

€18,00
ISBN 9788419213440
O Diario de Ana Frank foi escrito entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944 no ático de Amsterdam onde Ana e a súa familia se esconderon dos nazis.
A obra publicouse ao rematar a Segunda Guerra Mundial e axinña se converteu nun clásico en todo o mundo por ser un gran e atemporal testemuño da memoria histórica.

Nas páxinas desta nova edición, enriquecida con moitas pasaxes non publicadas anteriormente, Ana móstrasenos coma unha rapaza sincera e vital.
Unha adolescente contraditoria, vulnerable, sensible e, sobre todo, namorada da vida.

Ana debullará ante nós os seus segredos máis fondos: a descuberta do amor e da sexualidade, a rebeldía contra das inxustizas, a análise política desde o seu agocho...
Mais tamén están presentes no seu diario as vivencias dos que están obrigados a compartir TODO, mesmo o medo e a esperanza, mentres o seu mundo se esnaquiza.

____

Editorial: FAKTORIA K 10-2023

Idioma: Galego