Diario da casa Grande

18,00

XVII PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN 2019

Hay existencias

Categorías , Etiquetas ,

A Casa grande é o símbolo do seu mundo familiar, da terra natal, da infancia evocada a través das páxinas dun libro dedicado á memoria da súa avoa Manoela, do seu pai e dos tíos Celia e Emiliano na casa do Rodo. E dunha maneira máis ampla, a Casa grande é incluso un símbolo de Galicia. O volume contén tamén outra paisaxe vital importante, a de Ondara (Alacant), «fermosa, chea de luz e mar, de acollida, pero na que está o sentimento do exilio, da perda das raíces», explica o académico de honra, catedrático emérito da Universitat de València.

Unha perda marcada pola distancia física, pero sobre todo polo paso do tempo. «A vivencia do tempo demoucador percorre todo o libro, é fundamental nel: como o tempo destrúe todo e acaba coas arelas máis fondas, con esa arela de querer volver ao mundo que se tivo», conclúe. E así e todo, o Diario da Casa grande tamén lle permite ao lector gozar por momentos das celebracións cotiás compartidas cos seres queridos na Casa grande: «Segue a conversa, delongada nestas horas felices, / seguen os recordos, a alegría / daqueles anos de xuventude, deste día / do verán e de volta á Casa«.

Peso 0.100 kg
Autor

Arcadio López-Casanova

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa dura

ISBN

978-84-0915043-4

Nº de páginas

64

Año edición

2020

Editorial

AFUNDACIÓN

Prazo de entrega