Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CLAUS E O ALACRÁN

€14,50
ISBN 9788494790652
Unha obra feita desde o "desamparo". O libro "ten moita rabia, moito enfado e moita frustración" pola situación actual "A miña xeración viviu a crise económica, a caída do sistema público e un desenmascaramento da democracia que non é tal"

XVII PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO 2017 A XORNALISTA Lara Dopazo Ruibal, natural de Marín e residente en Santiago de Compostela, vai xa polo seu cuarto premio literario. O último é o Fiz Vergara Vilariño, convocado pola agrupación cultural Ergueitos e o Concello de Sarria. É autora de narrativa e poesía, aínda que ela séntese cómoda "xogando na fronteira" dos dous xéneros, sinala. Acaba de ser elixida a gañadora do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. Cando o xurado lle comunicou a nova non o cría. Sorprendeume moito, non me parecía un libro que puidera gañar un concurso. Cando me chamaron non mo cría e estaba supernerviosa. Ahora xa aterricei. É unha honra porque a canteira de autores e de poemarios é brutal. Como lectora de poesía significa moito para min, lera moitos dos libros gañadores. É un premio prestixioso, respectado e as obras teñen moita calidade. Trata o tema da precariedade, a frustración, para min foi o momento vital o que marcou o libro. Ten moita rabia, moito enfado e moita frustración. Isto é algo xeracional, algo compartido polos rapaces menores de 35 anos de idade, que vivimos a crise económica, a caída do sistema público, un desenmascaramento da democracia que non é tal e perdemos dereitos. O mellor non é tan evidente, pero está escrito desde a frustración e a precariedade.

____

Editorial: Espiral Maior
Idioma: Gallego