Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DENTES PARA A MAZÁ (DOCE POETAS EN CREACIÓN)

por VV.AA.
€13,00
ISBN 9788494856549
o libro recolle obra, foto e autodefinición dunha ducia de escritores e escritoras novos, nados no tramo final do século XX. “Serán protagonistas e voz do século que andamos. Non publicaron aínda un libro individual en galego pero están creando obras de entidade tan poderosa que o seu fascinio resulta ineludible”

“Aman con plenitude, rebélanse con sangue rebordándolles o corazón, impúlsanse co combustible do coñecemento libre, escriben en ortografías desacomplexadas, conciben a poesía como unha confluencia de antecedentes non sempre literarios”, afirma o limiar, “enxertaron o seu corpo nun discurso que é máis resistente que a mesma forza da gravidade”. Iago González (Vilar de Barrio, 1999) Estela Pan (A Coruña, 1980), Alexandre Fernández (Pontevedra, 1996),  Serxio Abalo (Caldas de Reis, 1998), Alfonso Traficante (Ferrol, 1995), Belén Senín (Pontecesures, 1999),Eilún Del Pazo Moa (Vigo, 1996), Vanessa Glemsel (Vigo, 1987), Lupita Hard(Caracas, 1993), Daniel Amarelo (Ferrol, 1993) e Marcus Daniel Cabada(Pontevedra, 1995).

____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Gallego