demos de veran

Demos de verán

17,50

Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón.

Hay existencias

Categorías: , Etiquetas: ,

Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega. Radia Ludescu, un profesor romanés refuxiado en España e protexido da Falanxe, o cego Luís Ruzo e o falanxista Paco, que tiveran algo que ver naquel suceso, reaparecen case corenta anos despois en Roma para abrir un novo caso no que se mesturan o achado dun vello papiro, crenzas esotéricas e unha posible conxura político-relixiosa. Doroteo Acuña, coa insólita colaboración dunha singular monxa, vaise ver envolto nese enredo, malia estar seguro, desde o primeiro momento, de que a súa solución está fóra do alcance dun tranquilo policía xubilado.

Peso 0.500 kg
Autor

Miguel Vázquez Freire

Idioma

Galego

Nº de páginas

296

ISBN

9788491212386

Año edición

2017

Editorial

Xerais

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)