Déixate de ódegas

15,00

Un retrato da Galicia rural que xa esmoreceu a través dos ollos dun neno. Os traballos, os costumes, os medos e os anceios de toda unha xeración que tivo que deixar a casa natal e a vida que os seus devanceiros levaran durante séculos para buscar outro futuro.

Solo quedan 2 disponibles

Un relato vitalista máis que saudoso que nos leva de novo á raíz da alegría da xente do común, que facía festa do traballo e que se arrepuña á dura rutina cunha sabedoría ancestral e popular. Unha viaxe ás palabras que quedaron enferruxadas de non usalas. Os Ancares convertidos nun territorio onde a realidade convive coa maxia de todos os días.

Xosé Manuel Vega debuta na literatura con Déixate de ódegas, unha narración moderna e mestiza que liga e continúa a tradición de voces como  Neira Vilas ou John Berger.

Peso 0.200 kg
Autor

Ursula Heinze, Xosé Manuel Vega

Idioma

Galego

Nº de páginas

138

Encuadernación

Rústica con solapas

ISBN

978-84-94780769

Año edición

2018

Editorial

Aira

Prazo de entrega