De ratos e homes

12,20

Unha trama de malentendidos.

Os temas básicos da novela son a soidade, a amizade, e os soños incumpridos. Os rancheiros, a pesar de viviren xuntos, son incapaces de crear relacións estables entre eles, en parte porque van dun lugar a outro e en parte polo propio temor que se parecen infundir. A soidade domina a tódolos personaxes excepto a George e Lennie.

Son lexión os lectores e lectoras do mundo enteiro que recoñecen unha débeda fundamental con John Steinbeck por obras inmorrentes, en boa medida popularizadas dun xeito global polo cinema, como ‘As uvas da ira’ ou ‘Ao leste do Edén’, esta última protagonizada polo inesquecible James Dean.

Hay existencias

George é un tipo pequeño e desconfiado. Lennie é un retrasado, cunha inmensa forza física, que intenta facer ben todo o que George lle di. Son dous vagamundos pobres e sen fogar que soñan con chegar a ter unha casa propia, con animais dos que coidar. Contratados como xornaleiros por unha granxa californiana, introdúcense nunha trama de malentendidos que os conducirá a un final desgraciado.

De ratos e homes é unha novela en lingua inglesa de John Steinbeck publicada en 1937 co título orixinal de Of Mice and Men. Foi traducida ao galego por Álvaro de Prado e publicada en 1997 pola Editorial Galaxia.

Foi o primeiro grande éxito de Steinbeck. A notoriedade que lle reportou como novelista sería confirmada en posteriores entregas, que contarán coma esta os soños botados por terra dos americanos máis vulnerables. O título da novela fai referencia a unha liña do poema «To a mouse» do escocés Robert Burns: The best-laid schemes o mice an men, gang aft agley (escrito en scots o verso podería ser traducido como: «Os mellores plans dos ratos e homes, as máis das veces rematan mal»).

Steinbeck, John
John Steinbeck naceu en Salinas, California, en febreiro do ano 1902 e morreu en Nova York en decembro de 1968. Fixo estudos na universidade de Stanford, pero desde moi novo se viu obrigado a gañar o sustento co seu propio esforzo, o que lle deu unha grande experiencia e un fondo coñecemento da vida dos traballadores. En 1935 obtivo o seu primeiro éxito como escritor coa publicación da novela Tortilla Flat. Dous anos despois, Of mice and men, que analizaba as duras condicións dos xornaleiros das granxas de California, convertiuno nunha figura popular. A aparición de The grapes of wrath (1939) e East of Eden (1952) consagrárono definitivamente como un grande novelista. No ano 1962 foille otorgado o Premio Nobel de Literatura.

Peso 0.100 kg
Autor

John Steinbeck

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-8288-968-9

Nº de páginas

112

Año edición

2006

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega