De illas e sereas. Para unha historia do cinema en lingua galega (3)

20,00

A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago; é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema «denantes mortos que escravos»

Solo quedan 2 disponibles

«Para unha historia do cinema en lingua galega, 13» é a proba fáctica do noso «desexo de comunidade» tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneos que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento. E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita «comunidade electiva», na feliz distinción de Maurice Blanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses «momentos estelares» da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o imaxinario e o modo de contalo nos configuran.

A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago;
é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema «denantes mortos que escravos»; é a serea que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de sereas é, xa que logo, esa seiva no noso imaxinario que nos fai ir alén e amar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa.

Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.

Índice

Proemio. Margarita Ledo Andión.

Desexo de cinema: emoción e inscrición de clase. Fernando Redondo Neira.

Entre illas. Reciclaxe e arquivo no cinema galego. Cibrán Tenreiro Uzal.

Illas descoñecidas. Alberte Pagán.

Illas espello. Margarita Ledo Andión.

Lúa vermella, de Lois Patiño. Unha mirada onírica a propósito dun universo real. Antía López Gómez.

Se fan sufrir é porque sofren. Réquiem pola Galiza rural. (O que arde, Oliver Laxe, 2019). José Luis Castro de Paz, Pablo Súarez-Mansilla.

Illas no deserto. Cinema galego na diáspora. Marta Pérez Pereiro.

Peso 0.100 kg
Autor

María Oruña

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

9788412263107

Nº de páginas

352

Año edición

2020

Editorial

Aira

Prazo de entrega