Crise Global e crise da política. Unha ollada dende Galicia

20,70

«Emilio Pérez Touriño proponnos neste ensaio múltiple, composto por artigos publicados na prensa e textos ata agora inéditos, unha lúcida reflexión sobre o […] dramático día despois.

Hay existencias

Category: Tag:

Logo da publicación de O futuro é posible en 2012, Emilio Pérez Touriño volve tirar do prelo outra obra, desta volta relacionada coa actualidade: Crise global e crise da política. O expresidente da Xunta de Galicia debulla neste libro unha ollada á crise que nonse limita a análise senón que formula unha proposta dende Galicia.

Efectivamente, tal como o describe no limiar o xornalista Fernando Salgado: «Emilio Pérez Touriño proponnos neste ensaio múltiple, composto por artigos publicados na prensa e textos ata agora inéditos, unha lúcida reflexión sobre o […] dramático día despois. […] Un cambio de época que anuncia un novo paradigma socioeconómico, probablemente con novos actores e distintas políticas, malia a teima das forzas hexemónicas en restaurar o vello modelo neoliberal que foi precisamente o que rebentou, con estrépito, a partir do afundimento de Lehman Brothers».
A reflexión de Pérez Touriño realízase dende unha perspectiva galega e co propósito de promover o debate que precede á acción transformadora. Trátase, por unha banda, da visión analítica dun economista perspicaz que repensa en clave inconfundiblemente galega a xénese, desenvolvemento e impacto da crise económica. Pola outra, pon encol da mesa a proposta dun político experimentado que demostra que é posible devolverlle a ilusión a Galicia. Como apunta Salgado no prólogo, «Velaí a orixinalidade, e confiemos en que a eficacia, desta obra».

Peso 0.1 kg