CRAC!

19,90

Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI.

Como os cartos, a falta deles, a insanidade e a inmoralidade construíron o mundo máis próspero de todos os tempos.

Hay existencias

Coiro, plumas, peixe seco, sal groso, cachaça, tabaco: todos estes artigos xa foron usados como moeda corrente. Con todo, o que de verdade funcionou foi outra cousa: o diñeiro falso, esa creación da Grecia Antiga que hoxe levas na carteira.

Crac! fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza parelismos entre o pasado e o presente para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir infinito entre a euforia e a depresión da economía. Dunha economía cíclica que sempre se repite.

Con este libro, has entender como os tulipáns, Isaac Newton, Homer Simpson e as carabelas explican o mundo do diñeiro. E saber mellor que facer e non facer co teu.

Alexandre Versignassi é xornalista e director de redacción de Superinteressante, a revista de ciencia máis importante de América do Sur. En 2012, foi finalista do premio máis recoñecido de Brasil, o Premio Jabuti, por este libro que tes entre as mans e gañou catro veces o Premio Abril de Xornalismo. Nos seus máis de vinte anos de traxectoria profesional, leva escritas centenas de reportaxes de divulgación científica e aplica ao xornalismo económico o principio chave que aprendeu na divulgación científica: facer interesante aquilo que é relevante e amosar a relevancia do que semella meramente interesante, unha premisa que segue e leva ao extremo neste libro.

 

Peso 0.440 kg
Autor

Alexandre Versignassi

Idioma

Galego

ISBN

978-84-949154-1-3

Año edición

2019

Editorial

Catro Ventos

Prazo de entrega