Corte e confección

14,00

“Escribir unha historia é coma facer un traxe —pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—.

Hay existencias

Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.

O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño…, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo,

de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias…”

Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz… e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños.

 

Peso 0.100 kg
Autor

Celia Díaz Núñez

Idioma

Galego

Encuadernación

Tapa blanda

ISBN

978-84-9151-413-8

Nº de páginas

112

Año edición

2019

Editorial

Galaxia

Prazo de entrega