corpos exorbitantes

Corpos exorbitantes: Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure

8,00

Estas páxinas afondan na recuperación de Rosalía de Castro como tradutora feminista en diálogo coa canadense Erín Moure. Dende o punto de partida que ofrecen as teorías feministas e poscoloniais da tradución e utilizando como base o traballo pioneiro de María do Cebreiro Rábade Villar, a autora analiza o marco e estratexias polas cales estas dúas tradutoras se fn donas dos seus textos.

Sólo quedan 1 disponibles

Categorías: , Etiquetas: ,

Ambas traducen senllos autores (Rosalía de Castro o autor español Ventura Ruiz Aguilera e Erín Moure a Fernando Pessoa/Alberto Caeiro) explorando a capacidade ética e política da tradución. Neste fascinante proceso de análise descubrimos una nova cara de Rosalía de Castro, que demostra non só ser pioneira tamén na tradución, senón utilizar estratexias parellas ás de Moure que, aínda un século despois, seguen resultando revolucionarias. Corpos exorbitantes pretende, a través destas dúas figuras sobranceiras, botar luz sobre o potencial transformador da tradución á hora de establecer discursos críticos a respecto do mundo que habitamos e sobre a necesidade de destapar o discurso heteropatriarcal e colonial dominante que alicerza todas as demais violencias.

Peso 0.100 kg
Autor

María Reimóndez

Idioma

Galego

Nº de páginas

68

ISBN

9788416954346

Año edición

2017

Editorial

USC

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)