O CORAZÓN DO NEGROR

14,00

Estamos no Congo belga, en plena colonización europea, e Marlow, un veterano mariñeiro inglés, relátanos como remonta o río Congo nun barco vello, rodeado de perigos, para ir á procura de Kurtz, un tratante de almafí perdido no corazón da selva africana.

Solo quedan 1 disponibles

Nesta narración autobiográfica, que reflicte a corrupción e o horror, atopamos unha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Lepoldo II de Bélxica.

JOSEPH CONRAD Berdichev, 1857; Inglaterra, 1924

Józef Teodor Konrad Korzeniowski, de orixe polaca, naceu en Berdichev -actual Ucraína- e creceu na Polonia ocupada por Rusia. O seu pai, escritor e tradutor, foi arrestado polos ocupantes rusos e condeado a traballos forzados en Siberia por actividades políticas ilegais. Morreu no exilio xunto coa nai de Conrad cando este era moi pequeno. Desta traumática experiencia pode que derivara o seu rexeitamento contra o colonialismo. Estudou en Cracovia, pero aos 16 anos marchou a Marsella para enrolarse na mariña francesa. Aos 21 comezou a servir na mariña mercante inglesa e xa en 1884 obtivo a nacionalidade británica, polo que cambiou o seu nome polaco polo de Joseph Conrad. Viviu en Londres e posteriormente en Kent. Navegou ata Bombay e o sudeste asiático, paraxes que lle inspiraron varias novelas. O seu soño de visitar África cumpriuse en 1889, cando contribuiu ao acordo do Estado Libre do Congo. Como escritor, publicou os seus libros máis importantes entre 1987 e 1911; entre eles destacan «Lord Jim» (1900), «Nostromo» (1904) e «O corazón do negror» (1902). Os mariñeiros e a vida no mar son o eixo central de case toda a súa produción literaria, pero sobre todo a condición humana e a loita interna que mantén o individuo. Conrad está considerado como un dos grandes novelistas modernos en lingua inglesa. Morreu en 1924 e foi soterrado no cemiterio de Canterbury.

Peso 0.200 kg
Autor

Joseph Conrad

Idioma

Galego

Nº de páginas

148

ISBN

978-84-96957-62-6

Año edición

2016

Edad recomendada

A partir de 14 años

Encuadernación

Tapa blanda

Prazo de entrega

Editorial

Kalandraka