Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita

Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita

19,15

Pertence Darío Xohán Cabana á “Grande Xeración” de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias.

Hay existencias

Categoría: Etiquetas: ,

“Vida e Literatura”, “Poesía”, “Narrativa” e “Traducion” son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha “Cronoloxía” e “Bibliografía”, ademais dun apartado “Fotobiográfico” completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.

Peso 0.300 kg
Autor

José Luís Calvo, Yago Rodríguez Yáñez

Idioma

Galego

Nº de páginas

296

Encuadernación

Rústica cosido a fío

ISBN

978-84-9782-538-2

Año edición

2007

Editorial

Xerais

Prazo de entrega

De 3 a 5 días