Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CONTRATO CON DEUS

€18,00
ISBN 9788492866359
A través dun cuarteto de historias entretecidas, Contrato con Deus expresa a ledicia, exuberancia, dramatismo e traxedia da vida na mítica Avenida Dropsie, no Bronx. Esta obra lendaria orixinou unha nova forma artística e confirmou a Will Eisner como un dos grandes pioneiros das artes gráficas americanas. (Esta obra recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte). Tradución do inglés de Eva Carrión del Pozo

William Erwin Eisner naceu o 6 de marzo de 1917 en Brooklyn, Nova York. Cando morreu, o 3 de xaneiro de 2005, debido a complicacións tras unha operación a corazón aberto, Eisner era recoñecido internacionalmente como un dos xigantes no campo da arte secuencial, termo cuñado por el. Nunha carreira que abarcou case setenta anos, foi o auténtico Orson Welles do cómic e o pai da novela gráfica. Innovou no desenvolvemento da narrativa e da linguaxe visual do cómic e foi o creador de The Spirit, John Law, Lady Luck, Mr Mystic, Tío Sam, Blackhawk, Sheena e moitos outros. Un dos máis prestixiosos premios da industria do cómic actual, o Premio Eisner, leva o seu nome. Recoñecidos como os Óscars do comic americano, os Eisners entréganse anualmente na maior convención de cómics dos Estados Unidos.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego