Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CONTOS DO SOL E DA LÚA

€12,00
ISBN 9788416460175
Sete historias para ler a soas ou para escoitar en familia

Sete contos para ler a soas ou para escoitar en familia. Historias solidarias que reivindican un mundo de poesía, cor, superación, diversidade e maxia. Helena Villar Janeiro explica así a súa obra: «Estas sete narracións aséntanse todas elas nos principios da ética educativa. Destacan nelas os valores cívicos da solidariedade, da igualdade na integración das diferenzas e do coidado do medio natural, entre outros. »Escribinos para que poidan ser atractivos á infancia no período de 8-10 anos (mesmo nos cursos finais do ensino primario) e que sexan tamén apetecibles para nenas e nenos máis pequenos. »As historias fantásticas altérnanse con outras que tratan a realidade complexa na que viven as nenas e os nenos galegos de hoxe». Helena Villar Janeiro (Becerreá-Lugo, 1940) Profesora, pedagoga, conferenciante, poeta, narradora, articulista e traductora, dedicou parte da súa abundante producción literaria á infancia, modalidade da que foi pioneira tanto en narrativa como en poesía. Foi incluída no catálogo White Ravens (anos 1990 e 1994) e na lista de honra do IBBY (anos 2002 e 2004). É Socia de Honra 2015 de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e recibiu o E de Escritora 2016 da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ana Costas é pintora, deseñadora e docente. Leva ilustrado numerosas publicacións e exposto a súa obra por toda España. As súas creacións destacan pola súa expresividade e o uso da cor. É a artífice das Rosalianas, gravados dixitais e toda unha serie de obras inspiradas na poeta Rosalía de Castro.

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Gallego