contos do sol a a lua

CONTOS DO SOL E DA LÚA

12,00

Sete historias para ler a soas ou para escoitar en familia

Hay existencias

Sete contos para ler a soas ou para escoitar en familia. Historias solidarias que reivindican un mundo de poesía, cor, superación, diversidade e maxia.

Helena Villar Janeiro explica así a súa obra:

«Estas sete narracións aséntanse todas elas nos principios da ética educativa. Destacan nelas os valores cívicos da solidariedade, da igualdade na integración das diferenzas e do coidado do medio natural, entre outros.
»Escribinos para que poidan ser atractivos á infancia no período de 8-10 anos (mesmo nos cursos finais do ensino primario) e que sexan tamén apetecibles para nenas e nenos máis pequenos.
»As historias fantásticas altérnanse con outras que tratan a realidade complexa na que viven as nenas e os nenos galegos de hoxe».

Helena Villar Janeiro (Becerreá-Lugo, 1940) Profesora, pedagoga, conferenciante, poeta, narradora, articulista e traductora, dedicou parte da súa abundante producción literaria á infancia, modalidade da que foi pioneira tanto en narrativa como en poesía. Foi incluída no catálogo White Ravens (anos 1990 e 1994) e na lista de honra do IBBY (anos 2002 e 2004). É Socia de Honra 2015 de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e recibiu o E de Escritora 2016 da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Ana Costas é pintora, deseñadora e docente. Leva ilustrado numerosas publicacións e exposto a súa obra por toda España. As súas creacións destacan pola súa expresividade e o uso da cor. É a artífice das Rosalianas, gravados dixitais e toda unha serie de obras inspiradas na poeta Rosalía de Castro.

Peso 0.100 kg
Autor

Helena Villar Janeiro

Idioma

Galego

Nº de páginas

76

ISBN

9788416460175

Año edición

2017

Editorial

Alvarellos

Edad recomendada

A partir de 7 anos

Prazo de entrega

Inmediato (24 a 72 horas)

DISTRIBUIDOR

Consorcio