Contos das illas extraordinarias do Atlántico

13,95

En todos os tempos e con todas as razas do mar, sempre existiu algunha historia fascinante sobre unha illa no medio do océano. A súa mesma existencia ten para todos os exploradores un ar máxico.

Hay existencias

 Unha illa ofrécenos unhas alturas que se elevan desde as profundidades, amósanos aquilo que está máis solidamente ancorado a carón daquilo que é máis cambiante, o fértil a carón do estéril, e a seguridade canda o perigo. O océano sempre tende a usurpar a illa, a illa que está sobre o océano. Existen un a carón do outro, amigos mais inimigos. A illa significa a seguridade na calma mais tamén o perigo no trebón. No medio dunha tempestade, o mariñeiro alégrase de non estar preto dela, e mesmo se se dirixía a ela, cambia de rumbo e diríxese a mar aberto. A miúdo cando a busca non a pode alcanzar».
Contos das illas extraordinarias do Atlántico reúne unha serie de relatos fantásticos creados polo maxín do ser humano desde os tempos dos gregos até a Idade Moderna nos que o denominador común son aquelas illas, reais ou imaxinadas, que sempre espertaron as fantasías de aqueles que ollan o mar con ollos soñadores
Peso 0.2 kg