Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CONTA SALDADA

€12,15
ISBN 9788491212409
Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico.

O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime."Conta saldada" iníciase como unha historia de fantasmas, desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi diferentes asumen os riscos de desentrañar as misteriosas circunstancias da morte do pai, nunha indagación onde tamén mudarán os seus sentimentos ás portas da idade adulta. Este feito, aparecido de improviso nas súas vidas, levaraos a descubrir, como no Hamlet de Shakespeare, que quizais ningún dos dous é como pensaba ser e que deben tomar decisións.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego